Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval

17 Nov

1457532021182_dicioanario_2-jpgjsessionid567fc9c99636bbb40a8c435015c45ad5

 

 

 

 

Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval

(Monografía 8 da Revista Galega de Filoloxía)

9 de marzo de 2016

A Coruña

 

Xoán López Viñas, profesor da Universidade da Coruña e membro do Grupo ILLA, acaba de publicar, dentro da colección de “Monografías” da Revista Galega de Filoloxía a súa nova obra titulada Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval.

 

Trátase dunha versión corrixida e ampliada do dicionario contido na segunda parte da tese de doutoramento A formación de palabras no galego medieval: a afixación, que defendeu o profesor Xoán López Viñas na Universidade da Coruña en setembro de 2012.

 

O Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval constitúe o primeiro repertorio lexical, contextualizado mediante corpus e centrado na sincronía galega medieval, sobre este tipo de morfemas derivativos e os seus correspondentes termos afixados. Non se trata, por tanto, dun dicionario ao uso nin tampouco dun dicionario inverso, pois non se listan os vocábulos segundo a terminación, senón que só se inclúen voces afixadas ordenadas alfabéticamente conforme o afixo, previamente descrito do punto de vista gramatical e semántico.

 

O Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval convértese nunha nova ferramenta dentro dos estudos lexicográficos da lingüística galego-portuguesa, xa que na actualidade non existe ningún glosario similar centrado nos afixos derivativos, nin para o período actual nin restrinxido a unha sincronía pretérita

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: